viernes

Contos senlleiros:



Arredor do lume, a maxia bule cada noite ó meu carón,

Cando estás...

No intre compartido que me invita a percorrerte coa necesidade

do imposible,

coa vehemencia daquelo longamente soñado,

co desexo do furtivo;

co instinto do que ves...

Porque quero pechar os ollos mañá, e dubidar si foi certo,

Unha noite e outra,

E facela mais máxica, e imaxinala máis doce,

Ó cabo do tempo..

Ó lonxe… ou ó preto.



Quero levar canda min, o son da música coa que bailamos,

como quero lembrar o arume das castañas, o pan quente...

porque nas noites de choiva fronte ao mar,

só ó pé do lume se poden refuxiar os momentos roubados ao tempo,

parados nas vidas,

Descubertos sin querer, en noites inesperadas, baixo o paraugas da cidade